Depois de cinco anos de xuntanza, coa Comparsa Os Canecos e a Asociacion Cultural Vides Novas, tendo unha participacion vastante importante, este ano que xa facemos a sexta, conseguimos acadar ainda un numero mais importante de participantes, uns 200 comensales entre os que participaron pais dos nenos ,abos e mais tios, tendo un dia do mais agradable e dibertido, pese a que o tempo metereologico non nos acompañou demasiado, ainda que non nos podemos queixar, o dia foi do mais animado participando nos xogos con nenos pais e nais .
Nesta Xuntanza cada Familia aporta a sua comida e vevida, que logo compartimos entre todos facendo asi un dia de amizade e compañerismo.
Dende as 12 da mañan empezaron a chegar os primeiros participantes, que axudaron a poñer mesas e bancos asi como a organizacion de mesas .Tivemos tamen un pulpeiro que nos dileitou con unha excelente calidade de pulpo da ria , e tuvimos un moi bo axudante para o reparto do mesmo, e foi o pai de dous nenos da asociacion, o meu sobriño " Casi " que colavorou desinteresadamente, tamen contamos coa presencia do Alcalde de Poio, e con un membro da oposicion Angel Moldes, que nos acompañaron na degustacion, Grazas por participar co pobo os membros da Asociacion quedaron encantados coa sua visita .
Despois de unha tarde de troula na que hubo un grupo de animacion , penso que todos o pasamos ven, merendamos do cada un traia e xa pola tardiña fomonos de aquel marabilloso paraxe, digno de visitar tanto no vran como no inverno, dende o cal se ve unha paisaxe impresionante da miña terra, Poio bueno e tamen parte de Marin, si tedes ocasion subide o Monte Castrobe e xa me daredes a razon.
Un ano mais grazas a todos aqueles que participaron nesta sexta xuntanza do dia da Familia, asi como o con Concello de Poio, pola sua aportacion ( carpa ,mesas e banco ) pois sin eles serianos mais complicado, celebrar esta Festa Familiar.
Bueno esperamos repetir esta Xuntanza, do dia da Familia o proximo ano, ainda que o tempo non nos axude demasiado.
Intentarei poñer algunha fotografia da xuntanza.
videsnovas_@hotmail.com
lunes, 1 de octubre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parabéns polo éxito de asistencia, agardo que o teñades pasado ben, pode que para o vindeiro ano eu poida asistir, todo é convencer á muller...
uns saúdo Mundo.
Eo meu primeiro ano, tanto na comida como no grupo pero paseino moi ben. Solo faltou que alguen se animara a coller a gaita.
Un saudo a "todo o mundo e a mundo tamen"
Publicar un comentario