sábado, 4 de agosto de 2007

A comparsa Os Canecos

A comparsa Os Canecos de Poio fio creada por un grupo de de amigos ,todos eles con fillos pequenos, no ano 1988 pensando en divertirnos todos xuntos pais e nenos, xa que no noso barrio non habia, ningunha actividade a donde levalos, e asi un bo dia xantando uns cantos dixemos e porque non partipamos no antroido, e asi foi xuntamonos aquel bo ano un grupo de 56 persoas entre pais ,fillos e algun abo e unha bisa boa que era aque marcaba todo o paso, xa que ia diante nun citroen Dian 6 daqueles tempos coa sua mascara de Margaret Tacher, e derradeiro dela ia asua escolta unha flota de Esceses todos de falda a cadros,feitas por un bo amigo "Moncho o do adro" homes mulleres e mais nenos ,aquel ano non acadamos ningun premio pero que ven o pasamos, e asi segimos ano tras ano cambiando todo-los traxes un cada ano ,logo xa cos anos xa fomos acadando ulgun premio non me quero esquecer que un principio heramos todos de Poio e logo mais tarde xutanse con nos perxoas de otros lugares como Campaño e logo a comparsa durante unhs anos chegou a chamrse Os Canecos de Poio e Campaño por aquela cantiga de Entre Poio e Campaño Teño eu a miña vida chegando a ser 80 persoas eso sempre pais con fillos e abos xa cos anos coma todo foi a menos sendo un ano 37 persoas ese ano ganamos o Primeiro premio no Centro Comercial Abarca e o Segundo premio nas Murgas en Pontevedra cos Gondoleiros e outros quexa no me acordo ,pola comparsa o mesmo que pola Agrupacion Folclorica foron pasando moitisimas persoas das cales gardo un grato recuerdo ,aqueles nenos hoxe homes e mulleres que ainda me saudan encheme de orgullo e satifacion xa que con eles fun medrando eu tamen e aprendendo cada dia.
Aquelas Excursions cos rapaces de Poio ,Vilagarcia,Monteporreiro Campaño nas cales non durmia nunca sempre pensando en que ian salir de noite as agachadas e amiña mueller verrandome " si dormiras " que ven no pasamos hoxe somos 56 persoas pero ahora traballamos moito mais porque queremos sempre acadar vos premios ,temos moi boa imaxe e mais moi boa oragnizacion pero tiñamos que" traballarun pouco mais todos" para poder disfrutar mais todos este ano porfin non sei si foi grazas o empeño dus poucos fumos de excursion a Manzaneda e xa despois de tantos anos sigo sin dormir e creo e que e o cambio de cama
Hoxe a Comparsa Os Canecos de Poio forma parte moi importante da A.C. Vides Novas pois grazas a comparsa podemos decir que Vides Novas Existe.
Siguirei informando das actividades desta Asociacion Cultural que xa ten de vida 12 anos e a de seguir mentras algun dos galegos que nela ahi para seguir as recuprando as nosas tradicion tanto do Antroido como doso Folclore Tradicional

eu son
MUNDO ( para os amigos/as )

1 comentario:

breogain dijo...

Parabéns pola iniciativa de facer un blog sobre o grupo, é algo importante estar na rede e que todo o mundo vos coñeza, colgar actividades, información de viaxes e actuacións e demais, tamén para informar á toda xente do grupo xa que internet é unha ferramenta moi valiosa e rápida, nada máis, agardo que pouco a pouco vaias enchendo isto de información, e que tamén fagas unha blogroll de blogs "amigos" no que me inclúas :) no meu dende hoxe xa estades referenciados e recomendado nos meus favoritos..

un saúdo de breogain, Mundo xa me coñece e os demais pasádevos a botar unha ollada.

www.breo.blogaliza.org