domingo, 30 de agosto de 2009

UNHAS VERBAS ,por SERGIO CURRA
















Para todos aquelas persoas que non estiveron na presentacion do noso CD,quero que leades con calma o que nos dedicou un dos fundores da Agrupacion Folclorica VIDES NOVAS Sergio Curra ,comenza asi.
Decia D. Antonio Machado "caminante no hay camino se hace camino al andar ..."Asi pode resumirse o camiñar de Vides Novas desde o seu nacemento ¿ Cara onde ia aquel grupo de amigos ,veciños, compañeirosde rapaces ao fin e ao cabo reunidos pola alma mater ,Edmundo Nores ,hai xa unha boa presada de anos ?O denominador comun de todos nòs era ter unha certa idea de cómo arrincarlle sonido a gaitas ,tamboriles ,bombos ,alguha pandeireta ,e incluso en ocasións conseguimos botar alguha peza medio afinada e con algo de xeito .
Aqueles tempos dos inicios foron,como un miniño que bota a andar ,vacilantes.
Houbo épocas boas , e épocas nas que o grupo parecia morrer .
¿ Cara ónde ia Vides Novas ? ¿ Que pretendia ser ? .Aqueles anos eran os do esplendor da gaita moderna .Eran os anos do xurdimento de un tal Carlos Nuñez ,de Xoxe Manuel Budiño , e de outros que viñeron despois .Eran anos de Luar na Lubre ,do festival de Ortigeira ,de certames de gaiteiros , de festivais internacionais ...
Os gaiteiros saian a cotio na television , Era tal a popularidade da musica tradicional que a toma de posesion de un Presidente da Xunta se conmemorou o son de non sei cantos mil gaiteiros .
Habia grupos por todas partes ,mellores ou peores ,mais tradicionais ou menos ,mais tenicos ou menos ,paro o fin e o cabo grupos de xente que tiñan como paixon comun arrincarlle melodias a un anaco d pau .
No medio desa lea aparece Vides Novas .Un grupo tradicional . Outro mais ....
Pero non era outro mais . Algo diferente tiña aquel grupo que levou a sobrevivir ata agora cunha saúde envexable . Algo diferente tiña aquel grupo para hoxe esatrmos aqui.
Hoxe non son aqueles tempos , a epoca dourada da gaita moderna foi pasando, pero este grupo sigue aqui .Quizais porque logrou a topar o seu camiño .
D. Antonio Machado non era un poeta calquera ,outro mais ,como testemuña o feito de que , o dia de hoxe na sua tumba en Paris , nunca faltan flores frescas.
Asi acontece con Vides Novas , pasa o tempo ,as dificultades ,pero nunca faltan flores frescas que avivan o latexar do grupo.
O comenzo desta historia pode situarse na posta de longo do grupo en publico, coincidindo coa colocacion da primeira da pedra da igresia de San Salvador de Poio, non quero lembrar canto fai disto. algúns dos compoñentes do grupo de seguro non naceran, ou andaban en cueiros. Si, tanto tempo fai xa.
Daquela non tiñamos vestuario tradicional, pero tiñamos ilusion e gañas de tocar.
Logo poco a pouco ,fomos collendo algo de fama polo pobo, chamabannos a actuar aqui e ala . Eran os tempos en que decian " bueno son malos pero son os que hai". E penso que era certo ,igual non eramos moi bos ,pero eramos os mellores naquelo que era a nosa razon de ser ;var a festa alo onde iamos :
Esa penso que foi a vctoria de Vides Novas ,saber exactamente o que era.
Vides Novas no era un grupo de lucimento ,de salon de concierto, certamen ou campeonato ,era un grupo popular .
A sua razon de ser era tocar para o pobo e polo pobo.
O seu lugar natural eran as alboradas .
Naquela epoca moitos gaiteiros reseitaron este xeito de actuar .
Para min, a gaita e un instrumento festeiro ,un instrumento alegre, de melodias brincadeiras ,un instrumento de bo animo.A albrada e o xeito ancestral de levar a festa o polo pobo , de anunciar a festa e levala ali onde doutro xeito non chegaria .
Gracias a alborada todo o pobo participa na festa .
Os madrugons e as longas camiñatas a pleno sol , cinguidos con faixa ,petrechados con chaleque ,ata pano e sombreiro as vece ,sempre pagaban a pena .
As lembranza daquela epoca sempre se figuran empapadas de en suor , plenas de cansanzo ,pero tamen de ledicia e diversion . Eramos novos ,atrevidos ,e temos feito e padecido moitas.... Sindo ,Andres ,Pablito,Sergio, Carlitos , Abrahan ,Loquillo, Javi e outros que de seguro se me esquecen lembrarano ben.
Moitas lembranzas daquela epoca me veñen agora a cabeza , e moitas personaxes populas que que coñecemos aqui e ala .
Lembro un home de xa certa idade ,fraco ,cun peiteado relambido cara atras, de eterno xersei, que cando actuabamos en parado , andaba sempre paseando por detras nosa. Ante o extremo da situacion ,un dia pruguntamoslle por que non se poñia endiante coma o resto do publico , e contestounos ; " a min as gaitas gustame escoitalas por detras " Eu ainda hoxe non sei moi ben a que se referia .
Lembro tamen , como non ,as noites de foliada por Combarro adiante logo da festa do Can, tocando,e bebendo e comendo ,facendo barullo e festa en xeral....
E tamen a conmucion daquela primeira vez que pousamos as gaitas no chan ,no medio da actuacion , e pegamos unhas brincadeiras coma quen que bailabamos unha pandeirada. E detras dela veu unha xota. Chegamos a ser tan bailarins que incluso en ocasions se convidaba o publico a bailar un pequeno valse ,ou un pasodoble , xa metidos en fariña ... E como seria que a mellor moza sempre lle tocaba o mesmo .
Moitas lembranzas son as de aqueles tempos .Pero coma todo, os tempos van pasando ,e o grupo segiu o seu camiño ,con vo pe ,como amosa o feito de estarmos aqui na presentacion deste primeiro traballo dscografico que de seguro vai ter boa collida entre os moitos amigos que coñoceron e acompañaron o grupo o longo destes anos .
Personalmente ,sintome moi afortunado de ter formado parte deste proxecto e agardo que por moitos anos siga dandoque falar ,de seguro que para ben,ainda que como decia o outro " que falen de nos ,ainda que sexa mal".
Quero lembrarme tamen daqueles que nunca creeron nin apoiaron a Vides Novas , o tempo o final pon a cada un no seu lugar.
E non queria rematar sen dar antes as gracias a Mundo por ter pensado en min para facer esta pequena presentacion ,sen dar as gracias a Vides Novas por tantos momentos vividos , e coma non ,sen desexar longa vida a este grupo que segue a camiñar ,sempre con pe firme .
Moitas grazas a todos SERGIO CURRA gaiteiro de Vides Novas 01 /08/09